Thursday 09 de May de 2024

Que a terra che sexa leve Arsenio


Alternativa dos Veciños únese á marea de condolencias polo falecemento de Don Arsenio Iglesias.

Arsenio identificouse sempre coa nosa realidade máis auténtica e xenuina, pero tamén soubo ser unha figura deportiva exemplar, que nunca perdeu a perspectiva humana e concibiu o deporte como unha actividade sa, intelectual e serena, afastada de conceptos como a excentricidade, o dramatismo ou a excesiva mercantilización.

Por outra parte, a súa enorme significación humana potenciou de xeito intelixente e feiticeiro a autoestima coruñesa e galega, coa que moitos nos identificamos.

Así o asumimos cando decidimos nomear o pavillón deportivo de Santa Cruz co seu nome, unha feliz decisión que incorporou ao noso nomenclator urbano unha figura que nos honra a todas e todos, máis alá do fútbol e do deporte, porque o nome de Arsenio Iglesias está moi por enriba desas dúas dimensións.

Que a terra lle sexa leve!